Os Magníficos Confetti Brothers |Teatro

31/Oct/2014 - 11:55pm

Os Magníficos Confetti Brothers |Teatro

Actores: Luís Quinteiro, Willy Eter.

Os Magníficos Confetti Brothers Os Magníficos Confetti Brothers foron dous emigrantes galegos que chegaron a Nova York en 1975 de polisóns nun cargueiro. Pouco despois triunfaban como cómicos no Cesar Palace De Las Vegas e ata protagonizaban o seu propio show televisivo na Fox. Lamentablemente malgastaron a súa fortuna e tiveron un final tráxico relacionado coas drogas e a esquizofrenia. Agora son espectros condenados a vagar eternamente polos teatros do mundo. Só poden resucitar esta noite para protagoniza-lo último show… Un chocante espectáculo cómico, filosófico e terrorífico… Ah!, o público morre ao final.